miércoles, 2 de febrero de 2022

SEMANA 31 XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO

 Nesta entrada iremos subindo contidos e actividades que vos axuden a aprender e repasar tamén desde casa. Vémonos pronto. Biquiños

LUNS  31 

Lingua castelá:

Escollemos un libro  e escribimos; 

    • Título. autor e editorial. Despois lemos 15/20 minutos e escribimos un pequeno  texto de polo menos catro liñas nas que contamos o que pasa na parte do libro que estivemos lendo.  Non esquezas facer  un debuxo!!!
Matemáticas:

Repasamos e escribimos os números 50-59. Na libreta ou nun folio  escribimos en letra e número. Lembra que a partires do trinta hai que separar os nomes dos números co "y"

50 - CINCUENTA

51- cincuenta y uno ..

Despois tenta contar cara atrás desde o 59 ao 0.

Lingua

  • Letra f/F. Fixate no percorrido que debes facer para escribir a letra F. Sabes que é a única letra do abecedario que vai cara o  ceo pero tamén cara ás raíces? Segue as cores e resolve o exercicio
                 
CCNN
Os animais son seres vivos

MARTES 1 

Lingua castelá: Lé e copia na libreta. Logo arrodea a letra F,f

Matemáticas: Se miras ao teu redor con atención verás que todo está cheo de liñas. 

e se queres saber un pouquiño mais...

CCNNAnimais II

Os animais teñen moitas cousas en común pero tamén moitas diferencias. Unha das diferencias máis importantes é que algúns teñen ósos (esqueleto interno)e outros non. Ós que teñen esqueletos son animais vertebrados e os que non o teñen son invertebrados.

Agora copia este texto na libreta e debuxa , pon o nome e colorea tres dos animais invertebrados da imaxe.

Coa seguinte canción entenderás mellor e ademais vaste divertir!!

MÉRCORES 2 
Lingua: traballamos no libro as páxinas 82,86 e 87.

Matemáticas;
  • Repasamos  números desde o 1 ata 59 contando de dous en dous.
  • Lé co atención e resolve


Naturais: Os animais vertebrados
Le, copia e debuxa tres animais: Escribe debaixo de cada un de que grupo é.
XOVES 3 
LÍNGUA GALEGA  Clica na imaxe e divírtete xogando co conto "Os oficios de Xan" pero le primeiro o conto!!                                                                          

CCNN Mamíferos. Neste vídeo podes saber máis cousas sobre eles.

Despois de ver o vídeo copia na libreta as 3 características máis importantes dos mamíferos

VENRES 4
Matemáticas Resolve
CCNN Mamíferos. Fai unha lista cos nomes dos oito mamíferos que aparecen nesta sopa de letras. Tamén podes imprimila e pegala na libreta

Lingua Galega
E que terá que ver este conto cos mamíferos? Lembra facer o rexistro de lectura (Título. autora, ilustradora, editorial) e responde a pregunta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario