miércoles, 26 de octubre de 2022

FAMILIAS E COLE "RECEITA PARA UN CORPO SAUDABLE"

Hoxe foi Andrea nai de Juán e  profesora especialista en actividade física e deportiva, quen nos falou dos ingredentes dunha receita fundamental, a dun CORPO SAUDABLE.

O noso corpo necesita seis ingredentes esenciais

  • HIxiene personal e postural
  • Descanso
  • Control emocional, empatía
  • Vida social
  • Alimentación
  • Exercicio
"MENS SANA IN CóRPORE SANO"!!!
Moitas grazas Andrea!

miércoles, 19 de octubre de 2022

FAMILIAS E COLE. "Tengo un nudo en la barriga"

     As familias do alumnado de 2º están invitadas este curso a formar parte activa das aprendizaxes dos seus fillos e fillas no ámbito escolar  e vanse animando a falarnos sobre as súas profesións, intereses e mesmo facer de contacontos...
    Neste primeiro trimestre o alumnado de  2º está aprendendo moito sobre o corpo humano e grazas neste caso a Marisa, que é psicóloga, puidemos achegarnos a unha emoción que non só se atopa na barriga, ás veces invade outras partes do noso corpo e non sabemos darlle resposta.
    Coas pistas que nos ía dando Marisa e este conto tan chulo que nos trouxo, entendémolo moito mellor.
Moitas grazas Marisa!!!







lunes, 17 de octubre de 2022

Teatro "A cazola de Lola" Tanxarina

Hoxe no Teatro Principal disfrutamos do espectáculo teatral " A cazola de Lola"

Sinopse

Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caíulle un día enriba… Non se sabe moi ben por que. Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo coma os demais.
Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico
A miúdo as persoas só ven nela ese cazo que arrastra por todas partes. E atópano raro… Ademais, o seu cazo complícalle a vida.
 Afortunadamente existen persoas maravillosas, só fai falta dar cunha delas..

Web:

https://tanxarina.es/a-cazola-de-lola/

sábado, 15 de octubre de 2022

Teucro

 As profes propuxemos un reto, averiguar  o nome dun famoso heroe grego que vixiaba a nosa cidade dende o alto dun edificio da nosa cidade. As investigacións de alumnas e alumnos axúdannos a descubrir que se trata de TEUCRO , que  hai outras estatuas del na cidade, unha praza que leva o seu nome, un equipo de balonmán,...

Co plano da cidade na man saímos a comprobalo