domingo, 12 de febrero de 2023

11 DE FEBRERO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Este venres as mestras de segundo e María, a nosa alumna en prácticas, amosamos a nosa cara máis científica e adicamos esta xornada a facer todo tipo de experimentos con globos e reivindicar este día de ciencia en feminino.


Desde os máis clásicos aos máis impactantes e sabendo que moi poucas veces sae todo a primeira,
sacmos adiante unha morea de pequenos  e variados experimentos con globos cos que nos divertimos un montón. 
A probar en casa, vosotras sobre todo, e sempre supervisad@s por adultos!!!
Iremos colgando aquí un resumo destas sesións

miércoles, 8 de febrero de 2023

BARAZAS

 Chega unha actualización para a mascota da nosa biblioteca.


 

De ser un fermoso pero simple debuxo en papel convertiuse nunha caixa de sorpresas feita por Omar papá de Bran que ademais de ser o seu creador explicou perfectamente como se usa unha impresora 3D e amosounos algunhas das súas creacións.






DIARIO DE PONTEVEDRA

 Enmarcado dentro do estudio dos medios de comunicación visitamos a redacción do xornal DIARIO DE PONTEVEDRA.

Alí  puidemos coñecer de primeira man como é o día a día dun periodista, os pasos previos á publicación dun periódico e ademais facer unha foto que permitiu ao noso alumnado convertirse en protagonistas dunha noticia de prensa.





Coa información que nos facilitou Ramón e usando o exemplar do xornal que nos regalaron continuamos o traballo nas aulas.