miércoles, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

 As mulleres aínda temos un longo camiño que recorrer no logro da igualdade dos nosos dereitos.

 Hai actividades nas que a presencia feminina é moito maior e outras nas que as mulleres apenas existen.

Este ano decidimos centrarnos neste último grupo e ao logo da semana coñeceremos e conversaremos con varias mulleres que teñen traballos nos que elas son minoría.

O mércores coñecemos a Teresa, condutora de autobús que contestou a todas as nosas preguntas e que nos deixou un dato moi positivo xa que afirmou que "nunca sufriu discriminación polo seu xénero no traballo




O xoves acompañáronos tres profesionais de  sectores moi diferentes que compartiron con nós as súas experiencias e anédotas dos seus traballos Irene (artillera o exército), Olaia (Policía Nacional) e Antía (Enxneira de Obras Públicas).




A todas elas GRAZAS polo traballo que fan e por dedicarnos un rato do seu tempo.




viernes, 3 de marzo de 2023

A NOSA PLANTACIÓN

 Terra, sementes, auga e moito sol para as nosas plantas, agora a ver si medran as nosas cenorias e espinacas e tamén os tomates e os amorodos.

Que rico! A ver si podemos facer unha boa ensalada.



miércoles, 1 de marzo de 2023

A CIDADE É A PEGADA



Alumnas e alumnos de 2º curso participaron hoxe nunha visita guiada á exposición "A Cidade e a Pegada", cun contido dividido en  catro áreas: o río Lérez, personaxes de Pontevedra, a infancia e arquitectura e urbanismo.
Da man de Mila coñecemos a Pontevedra e os pontevedreses de hai uns anos.










E ata divertidas carreiras puidemos facer